Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

 

 

No DOG do 24 de marzo a Consellería de Medio Rural publica a orde pola que fixa medidas obrigatorias en relación co Covid -19, centrándose nos seguintes aspectos:

  1. A venda directa de productos agrogandeiros nos mercados.
  2. A venda de productos vexetais para plantar nas hortas .
  3. Os desprazamentos de agricultores e viticultores para realizar as súas actividades agrarias.

1.- Referente á venta directa de productos do agro nos mercados galegos, queda prohibida ata o 31 de marzo a celebración de mercados tradicionais. Despois de esta data, a páxina web da Consellería de Medio Rural publicará se se mantén a medida ou se levanta .

Foméntase a venda de productos agrícolas e gandeiros por vía telefónica, pedidos online, correo electrónico ou outros que non impliquen a presenza física, e que serán servidos polo productor no domicilio do consumidor.

Cando se levante a prohibición, a venda nos mercados será de productos agrícolas e gandeiros de alimentación e productos perecedoiros. Haberá normas específicas para manter cada posto coa separación enre eles e ordenación   que se determine, así como as distancias entre vendedores dentro do mesmo posto, e a necesidade indispensable de poner a disposición dos clientes de luvas desbotales. O vendedor levará luvas para manipular os porductos e recoméndase contar con xel desinfectante tanto para os responsables do posto como para os usuarios, de acordó coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Na orde sinálase tamén que as persoas vendedoras serán :

-as titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga),

- parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.

En canto ás persoas usuarias, establécese que a distancia mínima entre elas será de 2 metros, coas excepcións que establece ao efecto a normativa estatal.

Con respecto á limpeza e recollida, os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados ao efecto polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo, e en todo caso observar as medidas que ao se establezan nas ordenanzas ou bandos municipais.

2.- Sobre a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais, os establecementos que vendan os referidos produtos non se atoparían afectados pola suspensión de apertura decretada, de acordo coa normativa. Ademais, sen prexuízo da venda en establecemento, esta poderá realizarse tamén de xeito ambulante, con desprazamento das persoas vendedoras ás localidades onde teñen aos seus clientes. As persoas vendedoras deberán dispoñer do carné básico de aplicación de produtos fitosanitarios, que poderá esixírselles como acreditación. Igualmente, a acreditación polas persoas compradoras de produtos vexetais con destino á plantación en hortas, farase co referido documento.

 

3.-Por último, a orde determina tamén que as persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos. Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Para a acreditación do carácter de agricultor/a, que xustifique a realización deses desprazamentos, é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

Os axentes da autoridade poderán dirixirse a ese rexistro para efectuar calquera comprobación que estimen oportuna. No caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.

As persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención deses cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. Ademais, en ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na parcela e estas deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

En relación coa acreditación da necesidade de desprazamento, nas actividades agrarias consideradas de autoconsumo poderá realizarse coa presentación do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. No caso das persoas viticultoras, poderán acreditalo co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Enlace á Orde

Instruccións, protocolos e medios de conctacto da Consellería de Medio Rural durante a emrexencia sanitaria

 

BANDO


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria do 17 de marzo, acordou a creación da Comisión de Seguemento da situación de emerxencia xerada pola evolución do Coronavirus COVID-19, que está formada polos membros da Xunta de Goberno Local:


-Alcalde: Felipe Labrada Reija
-Tenientes de Alcalde: Marcos Trashorras Reija, Mª Del Mar Gómez Gómez e José Luis Fernández López


Esta Comisión funcionará co obxecto de dar unha pronta solución aos diferentes problemas que poidan xurdir aos veciños.
Así mesmo, e á vista das recomendacións emitidas pola Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, e do bando desta Alcaldía de 16 de marzo, decídese:


-A continuidade da atención de axuda a domicilio: aseo, hixiene perosal e do entorno máis próximo, vestido, tratamentos e prestacións farmacéuticas, alimentación e sono.


-Instar aos veciños para que alerten aos servizos sociais sobre os casos que requiran antención, sinalando como teléfonos de contacto a estes efectos o 982302100 de 9 a 14 horas e o 699680132 a calquera hora.


-No suposto de que algún usuario non desexe a prestación da axuda a domicilio durante o estado de alarma, suspenderase a emisión dos recibos e readaptaranse as horas que queden libres para atender a outros usuarios.


-O concello porá os seus medios para a adquisición de medicamentos e alimentos a aquelas persoas que non poidan facelo por si mesmos. Tamén se levará comida preparada que estas persoas teñan adquirido en establecementos que se adiquen a estes servizos. Este servizos deben solicitarse de 9 a 14 no teléfono 982302100 ou no 620731543.


-As oficinas municipais permanecerán pechadas ao público, se ben permanecerá unha soa persoa no seu interior para atención telefónica e trámites urxentes e inaprazables. Prégase non acudir ás oficinas agás en caso de extrema urxencia e sempre contactando previamente por teléfono. Utilicen a sede electrónica para os seus trámites sempre que sexa posible: http://concellodocorgo.sedelectronica.gal


-O alcalde ponse a disposición de todos os veciños para calquera dúbida ou necesidade no seu teléfono 699680132

 

pdf NOVO BANDO DO CORONAVIRUS . Comisión de seguemento e outras novas de interese. (148 KB)

pdf (144 KB)

 

Díctase o seguinte bando do alcalde para o Concello do Corgo con motivo da crise do coronavirus  e as medidas adoptadas:

BANDO

Felipe Labrada Reija, Alcalde-Presidente do Concello do Corgo

FAGO SABER

Á vista da situación sanitaria actual e en consoancia coas medias acordadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia, O Concello do Corgo amplía nas seguintes as medidas adoptadas, e que se manterán ata novo aviso:


1º. Peche de todas as áreas recreativas e espazos públicos municipais.


2º. Servizo de Axuda a Domicilio: suspéndese o SAF na modadalidade de prestación básica. En canto á modalidade de Dependencia, mantense o servizo agás se o usuario manifesta o seu desexo de interrompelo durante o estado de alarma. Descontaranse nos recibos as horas non prestadas.


3º. O concello ponse a disposición daquelas persoas que teñan necesidade de adquisición de medicamentos ou de alimentos e non poidan facelo por si mesmos, así como para o traslado de comida preparada que poidan adquirir en establecementos que presten este servizo. Para solicitar estes servizos deben chamar en horario de 9 a 14 horas á Casa do Concello, 982302100 ou ao teléfono móvil 620731543.

PRÉGASE ENCARECIDAMENTE A COLABORACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE PERIODO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.

  pdf Bando Coronavirus (144 KB)

Páxina 80 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate