Axudas económicas de pago único para o fomento da natalidade 2019
Estas bases foron aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de decembro de 2019. O prazo para solicitar será dende o día seguinte á súa publicación no BOP ata o 30 de xuño de 2020, ambos incluidos.
pdf BASES DAS AXUDAS ECONÓMICAS DE PAGO ÚNICO PARA O FOMENTO DA NATALIDATE DE 2019 (607 KB)
Resultado definitivo do proceso selectivo dun Arquitecto Técnico.
PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL . PROGRAMA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
O Xoves día 16 de Xaneiro, ás 13:30 horas no Centro sociocultural do Corgo, preséntase o programa PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a formación consistente na financiación dos custos directos en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente.
Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:
* Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOS no momento da solicitude.
* Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL.
* Os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida deben estar EMPADROADOS durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios recollidos no Anexo I- LISTAXE DE CONCELLOS desta convocatoria.
* Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
* Presentación telemática a través da sede electronica http://sede.deputacionlugo.org
* Presentación en papel: descargando a documentación que se atopa na web e na sede electrónica da Deputación de Lugo.
PRAZO: 17/12/2019 AO 20/01/2020
DOCUMENTACIÓN XERAL.
* Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1. “Genérate tu empleo en el rural” Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
* DNI ou NIE do solicitante e do representante de ser o caso
* C.V actualizado.
* Certificado de empadroamento a data da solicitude.
* Xustificante de inscrición no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
* Anexo II – Declaración responsable do participante ao inicio da actuación asinado.
* Anexo III - Autorización para actuar como representante a efectos da solicitude, de ser o caso.
* Certificacións de estar o corrente das obrigas tributarias (Axencia Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo.
* Certificado da conta bancaria onde conste como titular o solicitante.
Durante a formación de 4 semanas, percibirán 14€ por día, e no periodo de prácticas en empresas, de 8 meses, un soldo mensual como mínimo de 900€
Para máis información ou dúbidas podedes poñervos en contacto a través do 982.260.204 e no enderezo electrónico agenciadecolocación@deputacion
Bases do programa en arquivo adxunto deste anuncio.