Vostede está aquí: Inicio Servizos Municipáis Centro Sociocultural

Centro Sociocultural

O edificio orixinalmente era o primeiro Centro médico do Corgo. No ano 2003 foi rehabilitado polo obradoiro de emprego “ Ponte de Neira II, e pasou a adicarse como Centro Sociocultural. Mantivo a estructura de planta baixa, sen barreiras arquitéctónicas (o que permite o uso de Centro Socioculturalveciños incluso con mobilidade reducida), e da cabida a tres salas distintas: o Telecentro municipal, a Omix e unha sala multiusos, empregada tanto como salón de actos como para aula dos distintos cursos, actividades e festivais que ao longo do ano se ofertan.

O Centro Sociocultural do Corgo é un edificio situado nun dos puntos máis destacados do Corgo, xa que nel concentránse varios servizos, como o Centro de Día, Centro Médico e Punto de Atención Continuada. No exterior, pola parte traseira, nunha das zonas verdes que o limita, están colocados distintos elementos de circuitos biosaudables.

Empregado tanto para actividades propostas dende o Concello como dende as distintas asociacións, que poderán utilizar este local, previa solicitude de autorización de uso que se formulará por escrito ao Concello, especificando a actividade, horarios, duración, necesidade de emprego de distintos elementos (pantalla, proxector, servizo de megafonía, etc).

  Horarios centro sociocultural

  Solicitude uso instalacións

Telecentro

Telecentro

Rede Telecentros

Ademáis de contar co asesoramento necesario, os rapaces tamén poderán facer consultas a través de Internet, pois a oficina de información xuvenil comparte espacio no centro sociocultural co Telecentros e desde esta sala, calquer usuario ten acceso gratuitamente á rede, así como ás publicacións expostas.

Oficina Municipal de Información Xuvenil

Oficina de Información Xuvenil

A oficina municipal de información xuvenil é un servicio público e gratuito que o concello do Corgo pon á disposición da mocidade. Trata de informar , asesorar e dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan resultar do interese dos xoves así como de outros sectores directamente relaccionados con estes (pais..)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate