Vostede está aquí: Inicio Memoria do Corgo O Proxecto Corgoral

Proxecto CORGORAL

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. É por iso que na páxina web do concello habilitamos unha pestana específica na que iremos dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias... Tamén recuperaremos imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar... Vellos oficios, festividades cíclicas anuais,  romarías, procesións... E pouco a pouco, de vagar pero sen folganza, iremos creando toda unha ampla e pormenorizada cartografía cultural corguesa.

Proxecto CORGORAL Día das Letras Galegas 2021

 Este é un proxecto aberto á comunidade e que quere ser participativo. Agardamos que o noso esforzo sexa do agrado de quen nos visite e que coa axuda e coas achegas dos colaboradores,  este espazo de memoria medre cada día un pouco máis, ata formar un compendio de amostras da identidade que nos caracteriza e nos singulariza como pobo. 

Así que xa sabedes: as portas do Corgoral están abertas!

Estamos de luns a venres, de 09:30 a 15:30 no andar de cima da Casa das Asociacións (C. P.  27.163 – O  Corgo – Lugo). 

Tamén podedes contactar connosco en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.ou no teléfono 676 862 924.

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate