Vostede está aquí: Inicio Servizos Municipáis Conciliación de Vida Familiar

Programa de conciliación da vida familiar e laboral

 

Dende o 2014 o Concello do Corgo está a  empregar unha  unha ferramenta  para facilitar os momentos de conciliación da vida laboral dos veciños e traballadores do Corgo, cos periodos de vacacions e descanso escolar.


Estos programas desenvólvense fundamentalmente nos meses de  xullo- agosto e primeiros de setembro, nun horario de nove da mañá ata as tres da tarde, para  tratar de  cubrir  as máximas horas das xornadas laboráis.  Os participantes son nenos e nenas do concello  de entre catro e doce anos, ainda que en función da demanda poderán participar menores de catro sempre e cando xa fosen escolarizados no curso  que rematou e teñan autonomía  nas funcions básicas  diarias.


As actividades  que se levan a cabo son deportivas,  formativas,  culturais   de ocio e entretenemento.  No periodo estival  preténdese  sacar o maior proveito  dos espacios exteriores, combinando  cos interiores por si a climatoloxía non  acompaña, ou para as primeiras horas da maña, por iso, dado o incremento de  participantes e as características da instalación, o pavillón municipal e entorno do colexio e campo de fútbol   é o local  máis axeitado.

   

  As inscricións e coordinación das actividades lévase na OMIX no Centro Sociocultural.


A campaña de Nadal  e outro obxectivo deste programa, tentando  ofrecer  unha alternativa axeitada  ao descanso escolar.  Os campamentos de Nadal do Centro Sociocultural  xogan coa temática das datas,  e céntrase en obradoiros, xogos  e actividades creativas para nadal.  O número de prazas non adoita ser superior a trinta, e sempre terán prioridade os nenos empadronados no Concello do Corgo sobre calquera  outro, así como os fillos/as de pais/nais  que desenvolvan calquera actividade no  termo municipal.

Programa de "Madrugadores do Concello  Corgo".

Dende o curso 2020-21, o Ceip do Corgo conta co servizo de madrugadores, unha opción para favorecer a conciliación  de pais, nais, titores traballadores do  municipio. 

O horario comenza ás 7.45 da mañá e remata coa apertura do colexio ás 9.30. 

As solicitudes e inscricións lévanse na Omix do Corgo. Este programa está subvencionado por unha axuda da  Consellería de empleo e igualdad, para a promoción da igualdade, e ten caracter GRATUITO para as familias.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate