O punto de Atención a Infancia (PAI) ten como obxectivo ofrecerlles aos nenos e nenas afecto, estima, confianza, apoio e un ámbito adecuado para que desenvolvan os diferentes aspectos da súa personalidade, para que experimenten e busquen respostas á súa curiosidade e para que descubran, exploren e observen; potenciando o interese.
Capacidade total do centro:
O PAI ten autorizadas 20 prazas, reservándose en todo caso un mínimo de 1 praza para os casos considerados de carácter urxente polos servizos sociais municipais; estando a día de hoxe todas as prazas cubertas e, contando cunha gran demanda de nenos/nenas para poder asistir ao PAI.
Idades de admisión e permanencia:
Poden facer uso do servizo do PAI os pais/nais/, titores/as ou representantes legais dos nenos e nenas que cumpran os seguintes requisitos de idade:
- Idade mínima: desde os 3 meses.
- Idade máxima: non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano no que se solicita a praza.