Situación Xeográfica
- A última modificación: 18 Outubro 2015
- Visitas: 10107
O concello do Corgo, está situado ao leste de Galicia, e no centro da provincia de Lugo, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte, cos concellos de Lugo e de Castroverde; polo leste, cos concellos de Castroverde, Baralla e Lancara; polo Sur, os de Lancara e o Páramo;
polo oeste, os de Guntín e Lugo.
A súa situación xeográfica é: latitud, 42º56'2 Norte; e a lonxitude de 7º25'5 Oeste, sendo a súa altitude sobre o nivel do mar, de 441 metros.