O Concello reparte mascarillas.
O Concello do Corgo merca mascarillas para repartir entre os seus veciños. A distribución farase nos domicilios seguindo o padrón municipal e cada habitante recibirá unha mascarilla.
Por outra banda chegou o cuarto envio de material de protección enviado pola Xunta de Galicia e destinado a Epis para o personal de axuda a domicilio e traballadores municipais en activo. Ademáis contínúase traballando nas labores de desinfección das áreas máis concurridas pola poboación.
Aquí imprímese para ti
Co fin de esquivar as fronteiras que a brecha dixital fai nos fogares municipales, (algúns sin conexión a internet, sen ordenadores ou impresoras) o Concello do Corgo ofrece un servizo de impresión de deberes e material de traballo para tódolos estudantes dos distintos centros educativos que así o precisen.
O servizo prestarase nas Oficinas municipais, e para solicitalo bastará cun correo, ben por parte do alumno ou do Centro educativo, cos contidos que se demandan a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .
Posteriormente poderá recollerese no propio concello ou levaranse aos domicilios de quen o precise. Para máis información chamade ao 982302100 de 9.00 h a 15.00 h.
Entre todos sairemos!
Bono social eléctrico. Actualización Covid-19
Debido ao estado de alarma polo COVID-19 o Goberno prorrogou a vixencia do Bono Social para aqueles clientes que deberían de renovalo nestas datas. O periodo de renovación exténdese automáticamente ata o día 15 de Setembro.
Polo mesmo motivo serán considerados clientes vulnerables e polo tanto beneficairios do Bono Social aqueles traballadores autónomos que se viran obrigados a cesar a súa actividades ou que reduciran a súa facturación nun 75%.
O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada abonado; o desconto aplicado é dun 25% ata un 40% sobre a factura total. Este porcentaxe, dependendo de diversas sitaucións máis, como o risco de exclusión social, pode ser ainda meirande. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga de dita subvención, como medidad dentro do PLAN DE ACTUACIÓN.
- Hai que ser titular do suministro electrico contratado na residencia habitual.
- Ter contratado o PVPC, e decir, Precio Voluntario Para el Pequeño Consumidor.
- Ser considerado consumidor vulnerable ou vulnerable severo ( familial numerosa, monoparental, pensionista, victima de terrorismo ou víctima de violencia de xénero, ter un membro da undade familiar con discapacidade igula ou superior ao 33%, etc..)
- Non superar o consumo máximo d e 345 Kwh mensuais e o de 414 Kwh anuais .
Para máis información sobre estas axudas e outras:
Bono Social: https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/
Bono telefónico: https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/
Bono social da augahttps://www.serviciosluz.com/el-bono-social-del-agua-2020/