Orientación Laboral
O Concello do Corgo é un Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia en materia de Orientación Laboral.
O obxectivo do Concello é o de prestar apoio nos procesos de busca de emprego ás persoas traballadoras desempregadas, ou a aquelas que desexen mellorar a súa situación laboral.
De cara a lograr a inserción laboral e/ou mellora da empregabilidade das persoas usuarias do servizo, realízanse entre outras as seguintes accións:
- Información sobre o mercado de traballo e as medidas e actuacións levadas a cabo polos servizos públicos de emprego.
- Diagnóstico individualizado ou perfil das persoas demandantes de emprego que inclúa toda a información posible de cara a medir o grao de empregabilidade e clasificar o/a demandante segundo as súas necesidades.
- Deseño, realización e seguimento dos itinerarios individuais e personalizados e emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, emprendemento, etc).
- Relación con empresas e outros axentes do mercado de traballo.
VÍAS DE ACCESO: A través do centro titor do Servizo Público de Emprego de Galicia ou da Oficina de Emprego de referencia.