A ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles foi aprobada polo Pleno do Concello o 16 de novembro do 2011, e publicada no BOP nº 296 do 28 de decembro do mesmo ano. Con ela, como se recolle na disposición derrogatoria, queda derrogada a ordenanza fiscal do BOP Nº 259 do 9 de novembro do 1989.
Estructúrase en catro artigos (que regulan os fundamentos e réxime, a cota tributaria, as exencións e bonificacións), unha disposición final e unha derrogatoria.
O artigo nº2 sufre unha modificación acordada polo Pleno do 27 de setembro do 2013, que se publica no BOP nº 273 do 28 de novembro do 2013, e só afecta á cota tributaria dos bens de natureza urbana. Aparece nun anuncio de dous apartados que xunto con esta recolle outra modificación da normativa municipal.
O Pleno do 11 de novembro do 2016 acorda unha nova modificación que se publica no BOP 295 do 26 de decembro do mesmo ano. As modificacións afectan aos artigos 2 (referente aos porcentaxes do tipo de gravamen), ao artigo 4 ( introdúcense novos apartados nas bonificacións. Concretamente engádense os puntos 4.4, 4.5 e 4.6), e tamén ásdisposicións adicional e final.
No 2018, o Pleno municipal do 25 de abril aproba a redacción do punto 7 do artigo 4