Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Principais puntos da Orde dictada pola Consellería de Medio Rural do 23 de marzo, de medidas obrigatorias en relación co Covid-19
Principais  puntos da Orde dictada pola Consellería de Medio Rural do 23 de marzo, de medidas obrigatorias en relación co Covid-19 Novas
26 Mar

Principais puntos da Orde dictada pola Consellería de Medio Rural do 23 de marzo, de medidas obrigatorias en relación co Covid-19

 

 

No DOG do 24 de marzo a Consellería de Medio Rural publica a orde pola que fixa medidas obrigatorias en relación co Covid -19, centrándose nos seguintes aspectos:

  1. A venda directa de productos agrogandeiros nos mercados.
  2. A venda de productos vexetais para plantar nas hortas .
  3. Os desprazamentos de agricultores e viticultores para realizar as súas actividades agrarias.

1.- Referente á venta directa de productos do agro nos mercados galegos, queda prohibida ata o 31 de marzo a celebración de mercados tradicionais. Despois de esta data, a páxina web da Consellería de Medio Rural publicará se se mantén a medida ou se levanta .

Foméntase a venda de productos agrícolas e gandeiros por vía telefónica, pedidos online, correo electrónico ou outros que non impliquen a presenza física, e que serán servidos polo productor no domicilio do consumidor.

Cando se levante a prohibición, a venda nos mercados será de productos agrícolas e gandeiros de alimentación e productos perecedoiros. Haberá normas específicas para manter cada posto coa separación enre eles e ordenación   que se determine, así como as distancias entre vendedores dentro do mesmo posto, e a necesidade indispensable de poner a disposición dos clientes de luvas desbotales. O vendedor levará luvas para manipular os porductos e recoméndase contar con xel desinfectante tanto para os responsables do posto como para os usuarios, de acordó coas recomendacións das autoridades sanitarias.

Na orde sinálase tamén que as persoas vendedoras serán :

-as titulares da explotación agraria con actividade inscritas na sección de venda directa (Sevedi) do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga),

- parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.

En canto ás persoas usuarias, establécese que a distancia mínima entre elas será de 2 metros, coas excepcións que establece ao efecto a normativa estatal.

Con respecto á limpeza e recollida, os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados ao efecto polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo, e en todo caso observar as medidas que ao se establezan nas ordenanzas ou bandos municipais.

2.- Sobre a venda de produtos vexetais para a plantación en hortas de consumidores finais, os establecementos que vendan os referidos produtos non se atoparían afectados pola suspensión de apertura decretada, de acordo coa normativa. Ademais, sen prexuízo da venda en establecemento, esta poderá realizarse tamén de xeito ambulante, con desprazamento das persoas vendedoras ás localidades onde teñen aos seus clientes. As persoas vendedoras deberán dispoñer do carné básico de aplicación de produtos fitosanitarios, que poderá esixírselles como acreditación. Igualmente, a acreditación polas persoas compradoras de produtos vexetais con destino á plantación en hortas, farase co referido documento.

 

3.-Por último, a orde determina tamén que as persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e dos viñedos. Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Para a acreditación do carácter de agricultor/a, que xustifique a realización deses desprazamentos, é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).

Os axentes da autoridade poderán dirixirse a ese rexistro para efectuar calquera comprobación que estimen oportuna. No caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.

As persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención deses cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. Ademais, en ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na parcela e estas deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

En relación coa acreditación da necesidade de desprazamento, nas actividades agrarias consideradas de autoconsumo poderá realizarse coa presentación do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. No caso das persoas viticultoras, poderán acreditalo co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Enlace á Orde

Instruccións, protocolos e medios de conctacto da Consellería de Medio Rural durante a emrexencia sanitaria

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate