Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Bando derivado da crise do coronavirus.
Bando derivado da crise do coronavirus. Novas
16 Mar

Bando derivado da crise do coronavirus.

pdf (144 KB)

 

Díctase o seguinte bando do alcalde para o Concello do Corgo con motivo da crise do coronavirus  e as medidas adoptadas:

BANDO

Felipe Labrada Reija, Alcalde-Presidente do Concello do Corgo

FAGO SABER

Á vista da situación sanitaria actual e en consoancia coas medias acordadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia, O Concello do Corgo amplía nas seguintes as medidas adoptadas, e que se manterán ata novo aviso:


1º. Peche de todas as áreas recreativas e espazos públicos municipais.


2º. Servizo de Axuda a Domicilio: suspéndese o SAF na modadalidade de prestación básica. En canto á modalidade de Dependencia, mantense o servizo agás se o usuario manifesta o seu desexo de interrompelo durante o estado de alarma. Descontaranse nos recibos as horas non prestadas.


3º. O concello ponse a disposición daquelas persoas que teñan necesidade de adquisición de medicamentos ou de alimentos e non poidan facelo por si mesmos, así como para o traslado de comida preparada que poidan adquirir en establecementos que presten este servizo. Para solicitar estes servizos deben chamar en horario de 9 a 14 horas á Casa do Concello, 982302100 ou ao teléfono móvil 620731543.

PRÉGASE ENCARECIDAMENTE A COLABORACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE PERIODO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.

  pdf Bando Coronavirus (144 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate