Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Novo bando do Coronavirus. Comisión de seguemento.
Novo bando do Coronavirus. Comisión de seguemento. Novas
20 Mar

Novo bando do Coronavirus. Comisión de seguemento.

 

BANDO


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria do 17 de marzo, acordou a creación da Comisión de Seguemento da situación de emerxencia xerada pola evolución do Coronavirus COVID-19, que está formada polos membros da Xunta de Goberno Local:


-Alcalde: Felipe Labrada Reija
-Tenientes de Alcalde: Marcos Trashorras Reija, Mª Del Mar Gómez Gómez e José Luis Fernández López


Esta Comisión funcionará co obxecto de dar unha pronta solución aos diferentes problemas que poidan xurdir aos veciños.
Así mesmo, e á vista das recomendacións emitidas pola Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, e do bando desta Alcaldía de 16 de marzo, decídese:


-A continuidade da atención de axuda a domicilio: aseo, hixiene perosal e do entorno máis próximo, vestido, tratamentos e prestacións farmacéuticas, alimentación e sono.


-Instar aos veciños para que alerten aos servizos sociais sobre os casos que requiran antención, sinalando como teléfonos de contacto a estes efectos o 982302100 de 9 a 14 horas e o 699680132 a calquera hora.


-No suposto de que algún usuario non desexe a prestación da axuda a domicilio durante o estado de alarma, suspenderase a emisión dos recibos e readaptaranse as horas que queden libres para atender a outros usuarios.


-O concello porá os seus medios para a adquisición de medicamentos e alimentos a aquelas persoas que non poidan facelo por si mesmos. Tamén se levará comida preparada que estas persoas teñan adquirido en establecementos que se adiquen a estes servizos. Este servizos deben solicitarse de 9 a 14 no teléfono 982302100 ou no 620731543.


-As oficinas municipais permanecerán pechadas ao público, se ben permanecerá unha soa persoa no seu interior para atención telefónica e trámites urxentes e inaprazables. Prégase non acudir ás oficinas agás en caso de extrema urxencia e sempre contactando previamente por teléfono. Utilicen a sede electrónica para os seus trámites sempre que sexa posible: http://concellodocorgo.sedelectronica.gal


-O alcalde ponse a disposición de todos os veciños para calquera dúbida ou necesidade no seu teléfono 699680132

 

pdf NOVO BANDO DO CORONAVIRUS . Comisión de seguemento e outras novas de interese. (148 KB)

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate