Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas O Corgo
Venres, 22 Xaneiro 2016 18:01

"O Carpinteiro de verbas"

Dende o Concello do Corgo queremos felicitar ao noso veciño  Eladio Castedo pola publicación da súa terceira novela “El extraño residente”. Naceu no Corgo, no ano 1952, carpinteiro de profesión e  escritor autodidacta. Neste libro lembra  experiencias vividas  cando emigrou a Barcelona nos anos 70  a través de varios personaxes.

Desexamos  animar ao  público lector a coñecer e disfrutar da súa obra. Anteriores son as súas novelas “Dos en el camino” e “ Me lo dijo un pajarillo” asi como diversas publicacións en  revistas (como  Alborada, Pegaso, Artesonado..) Dende hai anos edita os seus blogs baixo o dominio galiciacontos e galizacontos. No  Certame “Cuento de nunca acabar” (Garzon Céspedes, 2008) obtivo mención de honor.

Parabéns, Eladio.

Ver El Progreso

ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Esta orde ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, para un total de 2.171 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I; cun total de 8.198 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.

– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.

– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.

– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.

– Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.

– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

Ver Orde

A Consellería de economía, emprego e industria  publica no Dog do 31 de decembro distintas liñas de axudas para a rehabilitación de vivendas:
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.Prazo de presentación: desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 . A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.  Ver orde
 
Páxina 8 de 12

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate