Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas O Corgo

Tal e como está contemplado nas Bases para a contratación de persoal temporal de Seaga, e como xa se procede cada ano; durante o mes de outubro se abre o prazo para actualización de méritos nas listas e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos. O anuncio aparece no DOG do 30 de setembro.
O prazo de inscrición será de un mes, a partir del 1 de outubro (ata o 30 incluído), nas oficinas de Seaga ou por correo certificado (non serven os rexistros da Xunta nin o Portelo Único).

A idea é que no ano próximo todos os procesos selectivos de contratación de persoal se podan levar a cabo co persoal que se inscriba agora.

Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.
Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)
Debe quedar claro que a intención é non volver a abrir as listas ata o próximo ano, polo que deben anotarse agora todos os interesados. A medida que se vaian producindo necesidades de persoal publicaranse as bases específicas e se convocarán procesos selectivos; será nese momento cando deban aportar outra documentación que se lles solicite (formación, etc...)

Debe quedar moi claro que a apertura das listas non implica necesariamente que haxa contratacións nos próximos meses.
Toda a información aparece publicada na páxina web de Seaga (www.epseaga.com)
É vital que os candidatos comproben correctamente a documentación a presentar, consulten, e resolvan con tempo calquera incidencia.

Mércores, 19 Agosto 2015 08:37

Liga Fútbol- Sala 2015/16

Aberto o prazo de inscrición para participar na liga de fútbol-sala do Corgo.

  • Inscrición: 50 euros/ equipo. Podéndose inscribir: no  Centro sociocultural do Corgo, a través do pavillón  municipal, no 982302377 ou  620731543. Ata o 30 de setembro.
  • Partidos: Xogaranse ás 9.30 e 10.30 da noite , os días concretaranse en función ao número de equipos.
  • Arbitraxe: 24 euros (12/ equipo ou custexa a totalidade o equipo que figure como “local” esa xornada)
  • Premios en metálico.
  • Inicio da liga : outubro do 2015
Mércores, 19 Agosto 2015 07:46

DÍA DO AVÓ.

COMIDA DE CONFRATERNIDADE.

  • DESTINATARIOS:

MAIORES DE 60 ANOS EMPADROADOS E OS SEUS CÓNXUXES.

  • DÍA: 08 DE SETEMBRO DO 2015 (MARTES)
  • LUGAR: POLIDEPORTIVO DO COLEXIO DO CORGO.
  • PREZO:

- 5 €/PERSOA EMPADROADOS MAIORES DE 60 ANOS.
- 10€/PERSOA NON EMPADROADA MAIORES DE 60 ANOS.

  • HORARIO:

13:00 H. ACTUACIÓN DO GRUPO FOLCLÓRICO DO  CONCELLO  “LEGUA DEREITA”
13.30 H. EUCARISTÍA.
14.30 H. COMIDA

  • OUTRAS ACTIVIDADES

 -  ACTUACIÓNS DÚO MUSICAL, BAILE
 -  SORTEO DE AGASALLOS ETC.



NOTA: AS TARXETAS RETIRANRANSE NO CONCELLO DENDE O DÍA 19 DE AGOSTO (MÉRCORES) ATA O DIA 4 DE SETEMBRO (VENRES) EN HORARIO DE 10:00 A 14:00 H.  IMPRESCINDIBLE PRESENTAR AS INVITACIÓNS PARA ACUDIR Á COMIDA.

Páxina 11 de 12

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate