Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Novas axudas para a rehabilitación de vivendas.
13 Xan

Novas axudas para a rehabilitación de vivendas.

A Consellería de economía, emprego e industria  publica no Dog do 31 de decembro distintas liñas de axudas para a rehabilitación de vivendas:
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética. Prazos: O prazo de presentación de solicitudes será dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.Prazo de presentación: desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Ver orde
Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2016 . A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.  Ver orde
 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate