Curso de iniciación á costura.
- Obxetivo: Dar a coñecer as técnicas básicas de costura de xeito divertido, así como acadar unha maior autonomía persoal nos nenos/as e eliminación de barreiras sexistas.
- Destinatarios: Nenos e nenas a partir de seis anos. (idades recomendadas de 6-12)
- Docente: Carmen Pano de la Fuente, artesana textil.
- Inscrición: No centro sociocultural ou a través do teléfono 982302377 ( de 16.00 a 20.00 h).
- Prazas limitadas. Ata o día 5 de febreiro.
- Custo: 12 euros.
- Inicio: 18 de Febreiro 2016.
- Horario: Xoves, de 17:30 a 19:30. Horario a consensuar cos solicitantes, podendo ser outro.
- Duración do curso: 30 horas. ( dúas horas cada sesión formativa)
- Lugar: Centro sociocultural do Corgo.
- Máis información no 982302377 ou no Centro sociocultural.
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.
Convócase a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2016, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:
1. Condicións das persoas aspirantes.
1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2015/16.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.
O prazo de presentación será entre o 18 de febreiro e o 3 de marzo de 2016.
Probas para obter o título de graduado en E.S.O para maiores de dezaoito anos
RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, apartado 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
. Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de maio e 8 de setembro para as respectivas convocatorias.