Dende o Concello do Corgo queremos felicitar ao noso veciño Eladio Castedo pola publicación da súa terceira novela “El extraño residente”. Naceu no Corgo, no ano 1952, carpinteiro de profesión e escritor autodidacta. Neste libro lembra experiencias vividas cando emigrou a Barcelona nos anos 70 a través de varios personaxes.
Desexamos animar ao público lector a coñecer e disfrutar da súa obra. Anteriores son as súas novelas “Dos en el camino” e “ Me lo dijo un pajarillo” asi como diversas publicacións en revistas (como Alborada, Pegaso, Artesonado..) Dende hai anos edita os seus blogs baixo o dominio galiciacontos e galizacontos. No Certame “Cuento de nunca acabar” (Garzon Céspedes, 2008) obtivo mención de honor.
Parabéns, Eladio.