Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas O Corgo
Mércores, 27 Xaneiro 2016 19:10

Axudas por fillo/a menor de tres ano.

Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016 (DOG nº 17 do 27 de xaneiro de 2016).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación familiar polas fillas ou fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2016.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Beneficiarios:
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2.1.2013 e o 1.1.2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

Así mesmo, serán beneficiarias desta axuda aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.

2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio das persoas proxenitoras, o beneficiario ou beneficiaria da prestación será aquela persoa que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.

3. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

4. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e  obríganse a observar o disposto no artigo 11.

Prazo:28/01/2016 - 07/03/2016.

Ver Orde

 

 

Luns, 25 Xaneiro 2016 17:55

Ticket eléctrico social

  Publicación da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015) e modificación  coa  ORDE do 21 de outubro de 2016  pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 ?/ano).

Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2015 e o 30 de xuño de 2016. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no mesmo.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios:
As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Seguir as directrices que marca a resolución de convocatoria.
b) Cooperar coa administración en cantas actividades de inspección e verificación se leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación : 15/01/2016 -15/12/2016.

 

Ver Orde

  • Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2016).
  • Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través dos seguintes programas:

a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde .

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

A efectos desta orde enténdese por persoa moza inscrita no sistema nacional de garantía xuvenil: aquela persoa que estea inscrita no ficheiro do Sistema de Nacional de Garantía Xuvenil, sempre que no momento da inscrición tivera menos de 30 anos, de conformidade co disposto nos artigos 90 e 91 da Lei 18/2014, de 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. E aquela persoa moza que superando a idade esixida non fora atendida previamente de acordo co disposto no artigo 101.4 da Lei 18/2014, do 15 de outubro. Ademais, en coherencia co disposto no artigo 105.1 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, deberán manter o cumprimento do requisito de non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación obxecto de subvención.

A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.

Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil comezará o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2016.

 Ver Orde do 29 de decembro do 2015

Ver Orde do 13 de xaneiro onde se publican os anexos da Orde do 29 de decembro do 2015

Garantia xuvenil

Páxina 7 de 12

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate