Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

O martes, día 15 de marzo, tivo lugar no Centro Sociocultural do Corgo o primeiro envío da recollida solidaria dos veciños do Corgo e arredores, que con boa fé e unha grande dose de humanidade e  comprensión,  empatizaron coa situación do pobo Ucraíno  colaborando dun xeito moi activo nesta campaña  iniciada dende os Servicios Sociais municipais.

A campaña mantense  aberta a espera de poder continuar facendo novos envíos, xa que os ucraínos seguerán necesitados de  todos os productos básicos que lles podamos facer chegar, polo que continuarase recollendo no mesmo horario e lugar.

Agradecendo a todos os veciños implicados nesta iniciativa solidaria, a Carmen Lence  de Leite Río de Galicia, que  colaborou coa donación un palet de leite, e a tódolos traballadores e voluntari@s que fixeron posible que esta primeira recollida fose tan satisfactoria  e  poidera reflexar a  compasión e benevolencia da nosa xente.

Grazas!

Lémbrase que a campaña non rematou, e que seguirase traballando para enviar todo o apoio e auxilio posible aos ucraínos. Contamos con vós!

 

pdf BANDO SOLIDARIO: AXUDA PARA UCRAÍNA. (303 KB)

 

De todos é coñecida a actual crise humanitaria provocada pola invasión rusa no territorio de Ucraína, que está provocando miles de mortos, feridos, éxodos masivos a paises limítirofes, ademais de incontables danos materiais en vivendas, infraestructuras, servizos básicos, etc. , o que está deixando unha fonda impronta na población civil, especialmente  nen@s, anciáns, e persoas desfavorecidas.

No Concello do Corgo non somos alleos a esta grave problemática e tampouco queremos permanecer impasibles ante a situación actual e vindeira, polo que, adoitamos unha iniciativa de colaboración co pobo ucraíno mediante a:

"CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SUBMINISTROS BÁSICOS"

que comprenderá, fundamentalmente, e segundo se desprende da información que nos facilitaron diversas fontes:

  • Alimentos non perecedeiros ou de longa duración que non precisen de elaboración, en envases irrompibles, do tipo: conservas diversas, embutidos, marmeladas, aceites, leite, auga, zumes, etc.
  • Productos hixiénico-sanitarios e alimentos destinados especialmente á poboación infantil: cueiros, toalliñas húmidas,  roupa infantil de abrigo (debidamente empaquetada), calzado , biberóns  e papillas (só en envases de plástico), etc.
  • Medicamentos e produtos farmacéuticos de uso xeral: paracetamol, ibuprofeno, vendaxes, antisépticos, etc.

Animámosvos dende o Concello do Corgo a participar tod@s de maneira activa na presente campaña mediante as vosas contribucións persoais, que nos podedes facer chegar ao Centro  Sociocultural do Concello do Corgo sito a carón do Centro de Día,nos horarios:

- de luns a venres, de 10:00 a 13:30.

- martes e xoves, de 16:30 a 19:30 .

Tentaremos  mantervos informados periódicamente da evolución desta iniciativa solidaria da cal seremos tod@s partícipes.

 

Xoves, 17 Febreiro 2022 16:35

SÁBADO 26, FESTA DO ENTROIDO 2022.

 

 

  • O Sábado día 26 no Pavillón Municipal do Corgo terá lugar a FESTA DE ENTROIDO , a partir das 16:30 horas e ata as 20:00 horas.
  • Xogos, distintos inchables, música, baile, animación e moita festa!!
  • Premios aos disfraces máis creativos e orixinais, con distintas categorías: de 3/6 anos, de 7/10 anos e de 11/14 anos. Inscricións no pavillón a partir das 16:30
  • Coa actuación ás 18:00 horas da A.C. Legua Dereita do Corgo.
  • Haberá  lambetadas e  chocolate con churros de balde para os disfrazados.
Páxina 31 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate