PROGRAMA VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía osVENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre A nova normativa en materia de garantías.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: Instituto Galego do Consumo e da Competencia | (xunta.gal)
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
COIDADOS PORTA A PORTA NO CONCELLO DO CORGO.
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través do programa “Coidados Porta a Porta”, prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, nunha unidade móbil que se instalará nas inmediacións do CENTRO DE SAÚDE DO CORGO durante o DÍAS: 9, 10 e 13 de xuño.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:
- Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.
- Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
- Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).
AS DATAS PREVISTAS PARA O CONCELLO DO CORGO SON OS DÍAS 9, 10 e 13 de xuño.
TELÉFONO CITA PREVIA : 622 748 283 // 623546992
RESERVA DE PRAZA E NOVAS MATRÍCULAS NO P.A.I. DO CONCELLO DO CORGO.
O PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI) DO CONCELLO DO CORGO ABRIRÁ O PRAZO DE RESERVA E INSCRICIÓN/MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023.
OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:
- OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO 2022/2023 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 4 DE ABRIL E O 15 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).
- AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA) ATENDERÁNSE DO 18 DE ABRIL AO 29 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE).
POSTERIORMENTE, A LISTAXE DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 8 DE MAIO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.
PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DEBERÁN DIRIXIRSE EN HORARIO DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.
pdf RESERVA PRAZA NO PAI 2022 /2023 (363 KB)
pdf NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI CURSO 2022/2023 (404 KB)