pdf BANDO SOLIDARIO: AXUDA PARA UCRAÍNA. (303 KB)
De todos é coñecida a actual crise humanitaria provocada pola invasión rusa no territorio de Ucraína, que está provocando miles de mortos, feridos, éxodos masivos a paises limítirofes, ademais de incontables danos materiais en vivendas, infraestructuras, servizos básicos, etc. , o que está deixando unha fonda impronta na población civil, especialmente nen@s, anciáns, e persoas desfavorecidas.
No Concello do Corgo non somos alleos a esta grave problemática e tampouco queremos permanecer impasibles ante a situación actual e vindeira, polo que, adoitamos unha iniciativa de colaboración co pobo ucraíno mediante a:
"CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SUBMINISTROS BÁSICOS"
que comprenderá, fundamentalmente, e segundo se desprende da información que nos facilitaron diversas fontes:
- Alimentos non perecedeiros ou de longa duración que non precisen de elaboración, en envases irrompibles, do tipo: conservas diversas, embutidos, marmeladas, aceites, leite, auga, zumes, etc.
- Productos hixiénico-sanitarios e alimentos destinados especialmente á poboación infantil: cueiros, toalliñas húmidas, roupa infantil de abrigo (debidamente empaquetada), calzado , biberóns e papillas (só en envases de plástico), etc.
- Medicamentos e produtos farmacéuticos de uso xeral: paracetamol, ibuprofeno, vendaxes, antisépticos, etc.
Animámosvos dende o Concello do Corgo a participar tod@s de maneira activa na presente campaña mediante as vosas contribucións persoais, que nos podedes facer chegar ao Centro Sociocultural do Concello do Corgo sito a carón do Centro de Día,nos horarios:
- de luns a venres, de 10:00 a 13:30.
- martes e xoves, de 16:30 a 19:30 .
Tentaremos mantervos informados periódicamente da evolución desta iniciativa solidaria da cal seremos tod@s partícipes.