XIII Carreira Popular Concello do Corgo. Memorial Quique Casanova
O Concello de O Corgo organiza a XIII Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río. A proba organizarase o vindeiro Sábado 22 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello de O Corgo.
Participación: A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non.
Percorrido: O circuíto de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.
Inscrición: Ata o martes 18 de outubro ás 23:59 horas.
Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tade na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.
Peche de control: O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Premios en metálico.
Inscripción.: https://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/xiii-carreira-popular-concello-de-o-corgo/e20b80d0-e943-79bf-54f8-3a02f230ab19/grupo-1.
AMIGOS DE GALICIA DOA LIBROS AO CORGO.
A Fundación de Amigos de Galicia ofreceu á Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo unha significativa doazón de máis de medio milleiro de exemplares. Nunha emotiva cerimonia que tivo lugar o sábado 8 de Outubro nas instalacións da referida biblioteca, o presidente da Fundación de Amigos de Galicia, D. Ramiro Varela Cives, acompañado por unha nutrida comitiva de doadores, procedeu á entrega de numerosas caixas con libros que pasarán a integrar os fondos bibliográficos postos á disposición de todas as persoas interesadas na súa consulta.
A Biblioteca PALCO, situada a carón do Punto de Atención á Infancia e da Casa das Asociacións, é un servizo público e gratuito inaugurado polo Concello do Corgo a través do Proxecto CORGORAL o pasado 23 de Abril, Día mundial do Libro. Actualmente e grazas ás xenerosas doazóns de numerosos particulares e institucións, conta con varios milleiros de libros que se poden consultar de balde. O correo de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Novas adquisicións do Concello do Corgo.
O Concello do Corgo acaba de engadir ao seu patrimonio a deradeira adquisición, unha finca sita no polígono 1, parcela 17, na saída de San Xoán do Corgo pola vía Díaz Castroverde hacia a urbanización o Souto. Trátase dunha finca de algo máis de 5 hectáreas, que contén unha nave agropecuaria, e que ben a sumarse ás adquisicións municipais que se fixeron ultimamente, como a Cámara agraria, o Castro de Castrillón ou unha finca no núcleo do Corgo, para equipamentos, colindante con outra parcela de titularidade municipal.