Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas AMIGOS DE GALICIA DOA LIBROS AO CORGO.
AMIGOS DE GALICIA DOA LIBROS AO CORGO. Novas
10 Out

AMIGOS DE GALICIA DOA LIBROS AO CORGO.

 

A Fundación de Amigos de Galicia ofreceu á Biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo unha significativa doazón de máis de medio milleiro de exemplares. Nunha emotiva cerimonia que tivo lugar o sábado 8 de Outubro nas instalacións da referida biblioteca, o presidente da Fundación de Amigos de Galicia, D. Ramiro Varela Cives, acompañado por unha nutrida comitiva de doadores, procedeu á entrega de numerosas caixas con libros que pasarán a integrar os fondos bibliográficos postos á disposición de todas as persoas interesadas na súa consulta.

A Biblioteca PALCO, situada a carón do Punto de Atención á Infancia e da Casa das Asociacións, é un servizo público e gratuito inaugurado polo Concello do Corgo a través do Proxecto CORGORAL  o pasado 23 de Abril, Día mundial do Libro. Actualmente e grazas ás xenerosas doazóns de numerosos particulares e institucións, conta con varios milleiros de libros que se poden consultar de balde. O correo de contacto é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate