Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas XIII Carreira Popular Concello do Corgo. Memorial Quique Casanova
XIII Carreira Popular Concello do Corgo.  Memorial  Quique Casanova Novas
16 Out

XIII Carreira Popular Concello do Corgo. Memorial Quique Casanova

 

O Concello de O Corgo organiza a XIII Carreira Popular Concello de O Corgo-Memorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río. A proba organizarase o vindeiro Sábado 22 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello de O Corgo.

Participación: A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non.

Percorrido: O circuíto de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.

Inscrición: Ata o martes 18 de outubro ás 23:59 horas.

Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tade na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.

Peche de control: O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.

Premios en metálico.

Inscripción.:  https://www.carreirasgalegas.com/inscripcion/xiii-carreira-popular-concello-de-o-corgo/e20b80d0-e943-79bf-54f8-3a02f230ab19/grupo-1.

 

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate