Vostede está aquí: Inicio Turismo Promoción do Turismo Vía Künig OMIX
 

 

 

Publicación no DOG nº 286 do mércores 23 de novembro de 2022 das bases polas que se regula o proceso libre excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo dun posto de Informador/a xuvenil- Encargado/a do Telecentro. (epígrafe de servizos de información xuvenil).

No mesmo DOG publícanse as bases do mesmo proceso para o  posto de encargado de instalacións e edificios municipais e dous postos de oficial 2ª -Tractoristas para desbroce e tratamentos preventivos.

No BOE do 1  de decembro, número 288, publícase o estracto destas convocatorias, abríndose o prazo de 20 días naturais para participar nestes procesos selectivos.

 

pdf Bases do proceso de estabilización de emprego. Convocatoria de persoal laboral fixo: informador/a xuvenil e encargado/a do telececentro municipal. (737 KB)

pdf Bases do proceso de consolidación como persoal laboral fixo de dous postos de oficial 2ª -tractoristas e un posto de encargado intalacións e edificios municipais. (732 KB)

pdf Publicación no BOE do estracto da convocatoria de provisión de postos. Informador/a xuvenil-Encargado/a do Telecentro, Encargado de instalacións e edificios municipais e dúas plazas de tractoristas para desbroce. (186 KB)

 

 

O Concello do Corgo conta cun novo punto limpo móvil  para facilitarlle a tódolos veciños e veciñas a reciclaxe de residuos, así como impulsar a sensibilización ambiental.

Este proxecto realízase cunha axuda da Consellería de  Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 70.000€,  cofinanciada polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A través da aquisición do punto limpo móbil preténdese mellorar a ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na Comunidade Autónoma, e favorecer a adecuada recollida selectiva de residuos por tódalas parroquias deste concello, fomentando a proximidade das instalacións á cidadanía .

 

 

 

O Concello do Corgo, coa colaboración do Centro Sociocultural e do Proxecto CORGORAL, presenta publicamente o seu novo portal dixital na rede. O acto terá lugar o vindeiro mércores 30 de Novembro a partir das 19:30h na biblioteca do Punto de Atención á Lectura do Corgo (PALCO), xunto ao Punto de Atención á Infancia (PAI).
Desta volta será o especialista Antonio Giz quen explique detalladamente a todas as persoas interesadas a renovada imaxe do rostro público do concello na rede, así coma o futuro funcionamento básico da mesma, con todos os seus apartados renovados e con novos recursos multimedia.
Desde o Concello do Corgo queremos animar a todos os veciños e veciñas a participar neste evento, contribuíndo coas súas achegas a mellorar o deseño e a accesibilidade telemática á administración municipal. Será presentada unha versión piloto que incluirá novos elementos dixitais, coa idea de poñela a andar definitivamente coa maior brevidade posible.

Páxina 6 de 149

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate