XUNTANZA E POLAFÍA NO CORGO
O vindeiro sábado 24 de Setembro, a biblioteca do Punto de Atención á Lectura, acollerá a partir das 18h a derradeira actividade da programación cultural do verán desenvolvida polo Proxecto CORGORAL: un serán de xuntanza, convivencia e diálogo entre persoas vencelladas a estas terras. Esta reunión ou polafía (https://www.aelg.gal/Polafias/) está organizada en colaboración coa Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e contará coa presenza de numerosos convidados que falarán de diversos aspectos do Corgo.
Neste encontro todas as persoas presentes poderemos gozar dos coñecementos de persoas tan importantes para O Corgo como poden ser Felipe Labrada (alcalde), Marco Antonio García-Gabilán (secretario), Oscar G. Murado (cura de doce parroquias do concello), Jesús Abuín (cronista oficial), Domingo P. Lidor (xuíz de paz), Xosé Manuel Castro (profesor)...
Todo isto sen esquecer aos representantes de varias asociacións locais como Mario Outeiro (A. C. Arumes), Consuelo Vázquez (Centro de Estudos do Corgo), Manuel Rodríguez (Cinco Ríos), ou Roberto Besteiro (A Legua Dereita).
Tamén estarán connosco varios artesáns locais, verdadeiros mestres no traballo do ferro (Antonio Fernández) ou do barro (Manuel López), que nos contarán os segredos da última forxa en activo no Corgo e da maior colección privada de cerámica tradicional que existe no noso concello. E tamén poderemos conversar con Benedicta Sánchez, actriz revelación, premio Goya e medalla Castelao. Estades todos convidados e agardamos a vosa presenza para pasarmos xuntos un serán inesquecible, cheo de contos, lendas, historias e sucedidos.
Exposición fotográfica temporal
O Concello do Corgo a través do Proxecto CORGORAL e baixo o comisaríado de Eduardo Ochoa, ofrece a todas as persoas interesadas a posibilidad de gozar da exposición temporal titulada: No camiño: as imaxes que viron os peregrinos (https://xn--nocamio-9za.org/). Trátase dunha mostrá itinerante coordinada por Antonio Giz, con textos do recoñecido escritor e xornalista Xulio Xiz, autor da obra O Corgo, amplo horizonte.
A exposición ven de ser inaugurada nas instalaciones da biblioteca do Punto de Atención á Lectura, onde permanecerá ata o vinderio luns 26. As persoas interesadas en visitalo no horario que consideren mais axeitado deberán pedir cita previa no teléfono 676862924.
Por outra banda non vos esquezades de que o vindeiro sábado 24 de setembro, a biblioteca do Punto de Atención á lectura tamen acollerá a partir das 18h a derradeira actividade da programación do verán desenvolvida polo Proxecto CORGORAL: un serán de xuntanza, convivencia e diálogo entre persoas vencelladas a estas terras. Esta polafía ( https://axendacultural.aelg.gal/2022/09/20/polafia-o-corgo/ ) está organizada en colaboración coa Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e contará coa presenza de numerosos convidados que falarán de diversos aspectos do Concello do Corgo.