Resultado do segundo exercicio e puntuación final do proceso selectivo dun Auxilar AdminIstrativo.- PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2020.
Resultado do proceso de selección dun palista, un oficial primeira, dous oficiais segunda e peón ao abeiro do Programa Fomento do Emprego 2020
Publicación dos resultados do porceso selectivo de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do emprego 2020 da Deputación Provincial de Lugo.
- Un palista.
- Un oficial 1ª,
- Dous oficiais 2ª
- Peón.
Axudas para a instalación, reforma e adaptación de terrazas na hostalaría e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
CONSULTA O DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201203/AnuncioO92-261120-0001_gl.html