Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Axudas para a instalación, reforma e adaptación de terrazas na hostalaría e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.
Axudas para a instalación, reforma e adaptación de terrazas na hostalaría e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio. Novas
07 Dec

Axudas para a instalación, reforma e adaptación de terrazas na hostalaría e adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo a domicilio.

 

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:

1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

CONSULTA O DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201203/AnuncioO92-261120-0001_gl.html

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate