I CONCURSO DE DISFRACES VIRTUAIS
Trala decisión dun xurado formado por profesorado do Colexio Público do Corgo, Persoal do P.A. I e do concello do Corgo, resultan premiados os seguintes disfraces:
Na categoría de 3 a 6 anos.
- “A buhiña” (Paula Fernández), pola elaboración manual dun traxe con fieltro, goma eva e tela.
- “David Muñoz” (Hugo Arias), pola perfecta caracterización, con piercings, tatuaxes..e transformación dunha camiseta na chaqueta do chef con pintura de tela..
- “Onde está Wally?” (Xoel Pan) pola orixinalidade e perfecta posta en escea do personaxe.
Categoría de 7 a 10 anos.
- “Tarta de cumpleaños” (Mia Shine) , polo esforzó na fabricación do seu disfraz e o bó resultado.
- “Bender de Futurama” (Dylan Torrón), pola recreación exacta do robot de futurama, usando un embude, cartón, un balde, pintura e cinta.
- “ Bote de nutella”( Iztiar Parga), facendo con tela e goma eva un orixinal disfraz.
Categoría de 11 a 14 anos.
Nesta categoría só se presenta unha participane, perfecta merecedora do primeiro posto. O segundo e terceiro lugar ocúpano os nenos da categoría anterior que quedaron coa puntuación seguinte aos tres premiados.
- “A dama de papel” (Andrea Chousa) pola confección dun traxe con periódicos, cartón, fío dos chourizos de macramé.
- “A chica Yeye” (Roi Carreira), pola caracterización do personaxe.
- “Astronauta en cohete espacial” (Jorge Díaz), polo traballo e orixinalidade para a realización do disfraz.
Para recoller os premios poñeremonos en contacto telefónico no número que figura nas inscricións.
Agradecendo a tódolos nenos e nenas a súa participación e extendendo os parabéns a todos os que fixesteis posible o I concurso de disfraces virtuais.
Bases do prodecemento de selección de persoal laboral temporal como responsable da Omix e encargado do Telecentro municipal
Publicación no boletín oficial da Provincia das bases para o procedemento de selecciónde persoal laboral temporal e formación de bolsa de emprego para responsable da OMIX e encargado do telecentro municipal.
I ENTROIDO VIRTUAL NO CORGO
O concello do Corgo organiza o
I CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO VIRTUAIS.
Este ano por mor da pandemia, as festas de entroido que viñamos realizando para o público máis novo do Concello vense suspendidas, mais non así o ánimo e a ilusión que aos nenos e nenas do Corgo lles supoñen estas datas. É por iso, que imos celebrar un concurso de disfruaces virtuais, sen perigros, sen contactos, garantindo a seguridade e mantendo a diversión que propón o entroido.
Poderán parcipar tódolos/as veciños/as empadronados no Corgo dende os 3 ata os 14 anos, empregando calquera método para elaborar o seu disfraz. Esta primeira edición os premios serán individuais, ainda que entre irmáns ou convivientes poderán, baixo a mesma solictude, participar en parella ou grupo.
Existirán tres categorías en función da idade, e en cada categoría haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio. A creatividade, elaboración e traballo serán determinantes na valoración.
- Categoría de 3-6 anos.
- Categoría de 7-10 anos.
- Categoría de de 11- 14 anos.
Para participar remitirase ao concello Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 3 fotografías en formato jpg da persoa disfrazada, onde se aprecie ben todo o que queirades destacar. No mesmo correo enviaredes os datos personais e a autorización de participación e dereitos de imaxe. Se non vos fose posible facer a inscripción de xeito telemático, podeis entregala na oficina de información Xuvenil , chamando previamente ao 620731543.
As fotografías quedará a disposición do concello que as poderá exibir ou publicar con fins culturais ou informativos.
Os participantes terán de prazo para inscribirse ata o luns, día 15 de febrero. O xurado dará a coñecer os gañadores o venres día 19, a través da páxina web municipal www.concellodocorgo.com.
A vosa orixinalidade e inxenio…..ten premio!
pdf
Inscrición e autorización entroido 2021
(396 KB)
pdf
(396 KB)