O CORGO NO IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA. PROXECTO CORGORAL.
A Asociación Galega de Antropoloxía AGANTRO celebrou en formato telemático o pasado venres 23 de Abril o IV Congreso Galego de Antropoloxía, baixo o lema “Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega”. Participaron nesta sesión telemática máis de corenta especialistas, dos que unha ducia presentaron diversas experiencias e proxectos de investigación. E o Concello do Corgo estivo representado neste congreso coa comunicación do antropólogo Lois Ladra titulada “O Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”. O que se pretendeu neste primeiro encontro internacional no que foi presentado nun foro científico o Proxecto CORGORAL foi amosar a grande riqueza patrimonial do municipio corgués e a súa enorme potencialidade como base territorial para o desenvolvemento dun proxecto cultural pioneiro no ámbito municipal galego. Aproveitamos para lembrar a todos os interesados que queiran colaborar con esta iniciativa que poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, de luns a venres, de 09:00 a 17:30 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
pdf PROXECTO CORGORAL NO PROGRAMA IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA (82 KB)
Bases do procedemento de selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar.
Publicación no Boletín Oficial da Provincia do venres, 9 de abril, das bases para a elaboración da bolsa de emprego de Axuliar de Axuda no Fogar.
Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021
Axudas destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal dos concellos de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural. Camiño en Queizán, camiño en Abragán, e camiño en Laguiño.