Próximamente ponse en marcha unha nova edición do curso de manipulador de productos fitosanitarios, imprescindible para a expedición do carné que dende o 25 de novembro é esencial para a compra e aplicación de productos fitosanitarios profesionais, polo que se aconsella aos agricultores e gandeiros sacalo á maior brevidade posible.
CURSO. | MANIPULADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS. NIVEL BÁSICO. |
CONVOCA | XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. |
LUGAR DE IMPARTICIÓN | O CORGO. CASA DAS ASOCIACIÓNS. |
REALIZACIÓN | DÍAS, 10,14,15 E 16 DE NOVEMBRO. DE 16:00 H A 20:30H. |
NÚMERO DE PRAZAS | 20 |
PREZO | O QUE CORRESPONDE ÁS TAXAS ESTABLECIDAS POLA XUNTA PARA A EXPEDICIÓN DO CARNÉ. |
As persoas que pola limitación do número de prazas non o poidan facer nesta tanda, poden anotarse no Concello para figurar na lista de agarda para futuras edicións.
Pola túa saúde e pola dos do teu redor ofrecemos nestes enlaces, información da campaña que o Sergas acaba de publicar.
O Concello do Corgo conta cun SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL, dirixido a todas aquelas persoas que se atopen na busca de emprego ou desexen mellorar a súa situación laboral.
CONTACTO:
- Centro Sociocultural: 982 302 377 / 982 302 100
- Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
SE QUERES ESTAR INFORMADO/A DE TÓDALAS NOVIDADES EN MATERIA DE FORMACIÓN E EMPREGO, SÍGUENOS NO FACEBOOK:
Orientación laboral O Corgo, Láncara e Triacastela