Campaña de detección do cancro de mama do Servizo Galego de Saude. Se a súa idade está entre os 50 e 69 anos, o Programa galego de detección precoz do cancro de mama ofrécelle a posibilidade de realizar unha mamografía de cribado gratuíta cada dous anos.
A Asociación Cultural Arumes do Corgo organizou a VIII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova para o día 23 de outubro de 2016 (domingo pola mañá), en colaboración co Concello do Corgo.
Proba Oficial da Federación Galega de Atletismo
Na mañá do sábado, un de outubro, o Concello do Corgo convoca un pleno extraordinario para nomear a Henrique Casanova, a título póstumo, fillo adoptivo do Corgo. A solemnidade e respeto con que foi acollido o acto por un pleno populoso reforza e enfatiza o orgullo que se sente en momentos coma este.
Quique non era nado no Corgo, pero dende que afincou no Val de Gomeán soupo achegarse á xente e ser coñecido e recoñecido ben pola súa labor profesional, política ou social. Mostra diso foi a acollida que tivo tanto a sesión plenaria na Casa do Concello coma no acto homenaxe que se lle rendiu na parroquia de Manán San Cosme. Alí amigos, familiares, compañeiros, veciños e camaradas lembraron a través de mensaxes, cartas, poemas e imaxes a este axente forestal que soubo calar entre os do seu redor. Verbas coma honesto, comprometido, traballador, xeneroso, humillde..salpicaban os discursos que na súa memoria lle adicaron na xa bautizada Praza de X. Henrique Casanova.
Ao igual que as letras talladas na praca de cerámica que o nomea, nun cachiño do Corgo, nun fermoso entorno de Manán, as pegadas deste político e axente forestal, do loitador sindical , do home comprometido coa vida social e cultural do municipio, permanecerán gravadas no acordo dos que alí xe xuntaron..