Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Medidas fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda.

A Xunta de Galicia ten en marcha un conxunto de 12 medidas encamiñadas a garantir o dereito de todos os cidadás a unha vivenda, evitar os desafiuzamentos e paliar as súas consecuencia. Son doce medidas ás poden acollerse as familias que afronten dificultades para acceder a unha vivenda ou para conservar a súa. Entre elas o Bono de Alugueiro Social.
As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:
• Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora, dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza.
• As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.
• Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.»
• Aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período máximo de goce desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social e acrediten non ter capacidade económica para o pago da vivenda.
As axudas consisten en:
• Bonos de alugueiro social cunha contía de 150, 175 ou 200 € mensuais. Concédense por un período de 12 meses, que poderá prorrogarse, previa solicitude do interesado, por dous períodos sucesivos de 12 meses ata un máximo de 36 meses en total.
o 200 € nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
o 175 € nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
o 150 € no resto de concellos de Galicia
• axuda adicional de 600 € para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de permanecer na mesma vivenda, para atender cantidades pendentes.

LIMITE DE INGRESOS

Os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social non poderán supeerar os ingresos máximos que se indican na táboa:

Nº DE MEMBROS UNIDADE FAMILIAR 1,5 VECES  IPREM MENSUAL.
1 745,51
2 1.035,44
3 1.164,87
4 1.331,28
5 ou máis 1.553,15

•Considerase unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
• A existencia de discapacitados na unidade familiar valorase a través da ponderación de ingresos e os fillos concibidos no momento da axuda e aínda non nacidos valorarase aos efectos da ponderación de ingresos.
RENDA DAS VIVENDAS
• A renda mensual máxima a pagar polos beneficiarios do Bono de Alugeiro Social non pode superar os seguintes importes:
• a) 400 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
• b) 350 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
• c) 300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
• Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
PAGO
• O IGVS realizará o pagamento da axuda mensual na conta do arrendador, unha vez comprobado que o inquilino realizou o pago da parte que lle corresponde (os inquilinos comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un comprobante bancario do mesmo).

Máis información en www.igus.es/web/actuamos/737

Ler máis ...

ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se determinan as parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais para os efectos das deducións previstas nos números sete do artigo 16 e oito do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Esta Orde da consellería de Facenda publicada no Bop nº29 do 9 de febreiro, establece a relación de parroquias que, dado a súa consideración de zona pouco poboada ou área rural, son beneficiarias aos efectos de deducións previstas nos númreos 7 do artigo16 e o 8 do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011 do 28 de xullo

A lei 2/2017 do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, introduciu nos artigos citados anteriormente do texoto refundido, deducións do 100%  no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para favorecer a adquisición de vivenda habitual por parte de familias numerosas, discapacitados e mozos en zonas rurais, co fin de evitar o despoboamento. Dada a dispersión da poboación en Galicia, a lei optou por delimitar o  ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia.

No  anexo I enuméranse a relación de parroquias que están afectadas por esta circunstancia, figurando entre elas as do concello do Corgo.

Ver Orde completa.

 

Ler máis ...

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017 ( publicado no Bop nº28 do 29 de febreiro do 2017)

 Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Forma, lugar e prazos de presentación

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

Ver Orde completa

Ler máis ...

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate