Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Publícanse no Bop do 9 de decembro o anuncio das bases que rexeran o  procedemento de selección de persoal laboral temporal  (un palista, un peón e un oficila 2ª) ao abeiro do Convenio de Colaboración coa Excma. Deputación provincial de Lugo, para a execución de obras e servizos e  creación de emprego "Programa Depuemprego"

pdf Bases que rexeran o procedemento de selección de persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego ( Convenio de Colaboración coa Excma Deputación Provincial de Lugo)

pdf Anexo I MODELO DE INSTANCIA persoal laboral temporal: palista, peón e oficial 2ª (342 KB)

Ler máis ...

 No Bop de Lugo, do  18 de Novembro de 2016, publicase a licitación de contrato de obras que se adopta  por acordo do Pleno de data 11 de novembro de 2016  e onde se aproba o Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación mediante o procedemento aberto, tramitación urxente, cun único criterio de adxudicación, para a contratación da obra denominada, “PISCINA DE APRENDIZAXE CON TOBOGANES ACUÁTICOS NA PRAIA FLUVIAL DO RÍO CHAMOSO”

pdf Licitación de contrato de obras piscia de aprendizaxe con toboganes acuáticos na praia fluvial do Río Chamoso (354 KB)

Ler máis ...

O Pleno do Concello do Corgo, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 11 de novembro de 2016, acordou aprobar a modificación da:

pdf Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles (703 KB)

As modificacións introducidas son as seguintes:

v  Tipo de gravame do Imposto sobre Bens Inmobles queda fixado nas seguintes porcentaxes:

  • Bens urbanos: 0,40 %
  • Bens rústicos: 0,40 %

v  BONIFICACIÓNS:

Sobre a cota íntegra do imposto establécense as seguintes bonificacións:

- Unha bonificación do 95 % da cota íntegra das construcións, edificacións ou instalación nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias.

- Unha bonificación de ata o 95 % da cota tributaria íntegra a favor dos bens inmobles nos que se desenvolvan outras actividades económicas total e exclusivamente, sempre que a empresa ou empresario individual –con domicilio fiscal no Concello do Corgo- suscriba contratos laborais fixos con colectivos con dificultades de integración social.

A redución da cota tributaria será dun 15 % por cada traballador desempregado dos sectores indicados, ata alcanzar o máximo do 95 %.

Reducirase un 7% a cota tributaria  por cada traballador desempregado contratado laboral indefinido que non estea dentro dos colectivos especificados.

- Establécese unha bonificación de carácter anual do 90 % sobre a cota tributaria íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual, na que estean empadroados todos os membros dunha familia numerosa durante todo o ano de aplicación da bonificación pretendida, sempre que se a súa capacidade económica non exceda da establecida neste artigo

No texto da ordenanza establécense os requisitos e maneira de acreditar a condición de beneficiario das bonificacións.

A ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación definitiva no BOP de Lugo ( Bop número 295, do 26 de decembro) e producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2017.

pdf Impreso de solicitude de bonificación do imposto do IBI para familias numerosas (55 KB)

pdf Impresos de solicitude de bonificación de ata o 95 % no Imposto sobre bens inmobles para actividades económicas (Art 4.5 da Ordenanza Fiscal) (64 KB)

pdf Impresos solicitude de bonificación de ata o 95% no IBI para actividades agrarias.( Art. 4.4 da Ordenanza fiscal) (58 KB)

 

Ler máis ...

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate