Finaliza o proceso de preselección dun técnico en Orientación Laboral, unha vez obtida a baremación definitiva do Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
pdf Resultado do proceso de selección dun técnico en orientación laboral (341 KB) .
Corrección de erros no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en orientación laboral
Faise pública a seguinte correción :
Detectado un erro no baremo de puntuación para a preselección dun técnico en Orientación Laboral, corríxese do seguinte xeito:
Onde di: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 5 puntos.”
Debe dicir: “Os candidatos que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente, obterán unha puntuación adicional de 0,5 puntos.”
Tal e como se establecía no anuncio da convocatoria, o baremo de puntuación é o establecido no Artigo 10.2 da Orde do 29 de decembro de 2015, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, e no citado baremo establécese esta puntuación adicional (0,5 puntos) para as persoas que realicen tal acreditación.
pdf
Corrección de erros no baremo de puntuación dun técnico en Orientación Laboral
(654 KB)
- Aberto o prazo de inscrición para participar na liga de fútbol-sala do Corgo.
- Inscrición: 50 euros/ equipo. (Os equipos que teñan depósito da liga anterior non terán que aportalo). Podéndose inscribir: no Centro sociocultural do Corgo, a través do Pavillón municipal, no 982302377 ou 620731543. Ata o 30 de setembro.
-Partidos: Xogaranse ás 9.30 e 10.30 da noite , os días concretaranse en función ao número de equipos.
- Arbitraxe: 24 euros (12/ equipo ou costexar a totalidade o equipo que figure como “local” esa xornada)
- Premios en metálico.
- Inicio da liga : outubro do 2016