ORDE do 9 de febreiro de 2017 pola que se determinan as parroquias que teñen a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais para os efectos das deducións previstas nos números sete do artigo 16 e oito do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Esta Orde da consellería de Facenda publicada no Bop nº29 do 9 de febreiro, establece a relación de parroquias que, dado a súa consideración de zona pouco poboada ou área rural, son beneficiarias aos efectos de deducións previstas nos númreos 7 do artigo16 e o 8 do artigo 17 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2011 do 28 de xullo
A lei 2/2017 do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, introduciu nos artigos citados anteriormente do texoto refundido, deducións do 100% no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, para favorecer a adquisición de vivenda habitual por parte de familias numerosas, discapacitados e mozos en zonas rurais, co fin de evitar o despoboamento. Dada a dispersión da poboación en Galicia, a lei optou por delimitar o ámbito xeográfico susceptible deste beneficio fiscal a nivel de parroquia.
No anexo I enuméranse a relación de parroquias que están afectadas por esta circunstancia, figurando entre elas as do concello do Corgo.