Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Malia que os sindicatos e os gandeiros denuncian os problemas que se están derivando da merma de choivas, a Consellería de Medio rural, que está facendo un seguimento exhaustivo,  non ten constancia da existencia de  momentos dificiles, pero ainda así, recomenda a contratación de seguros agrarios para poder afrontar os problemas que se deriven da carencia de precipitacións.

"Insistimos en que diante da falta de choivas, dende a Consellería do Medio Rural sempre incidimos na importancia de contratar os seguros agrarios para poder afrontar estas situacións. No 2017 seguimos destinando recursos para fomentar a contratación deste tipo de pólizas" afirma a Xunta, indicando que o importe do Goberno galego para a contratación de seguros ascende a 4,6 millóns de euros.

O diario  A voz de Galicia publica un artigo onde se recolle este consello para os agricultores, así como as opinións de labregos  e gandeiros galegos. Ler o artigo aqui.

Ler máis ...

A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ten previsto facer efectivo ao longo deste mes de abril o pago de algo máis de 14 millóns de euros correspondentes á Política Agrícola Común (PAC), máis concretamente ao exercicio de 2016. Estes pagamentos beneficiarán, en conxunto, a case 12.000 agricultores e gandeiros galegos.

A maior parte destes fondos refírense aos chamados pago básico e pago verde (en total suman 9,2 millóns de euros). O primeiro deles ten que ver coa asignación de dereitos que teñen os agricultores e gandeiros e co número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico. Cada un dos beneficiarios destes pagos recibirá unha media de 1.400 euros (no caso do pago básico) e de arredor de 690 euros (no que atinxe ao pago verde).

Por provincias, como ven sendo habitual polo seu peso agrogandeiro, a maioría destes fondos son para Lugo (arredor da metade dos 14 millóns de euros). A continuación séguenlle A  Coruña, Ourense e Pontevedra.

O abonamento destas cantidades forma parte da programación do Fondo Galego de Garantía Agraria para o conxunto do periodo 2016-17, que abarca ata o vindeiro mes de xuño.

 

Ler máis ...

O Concello do Corgo está realizando xestións ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivendas de promoción pública no término municipal.
Para acadar este obxectivo cómpre que as persoas interesadas se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, sinalando como preferente O Corgo e indicando o tipo de vivenda e o réxime de adxudicación que desexe.
Na actualidade non hai ningún inscrito no referido rexistro, polo que ao non existir demanda, o IGVS considera que non hai necesidade de construir vivienda protexida no término municipal do Corgo.
A inscrición deberá realizarse na sección segunda do Rexistro de Vivendas, relativo a demandantes de vivendas de protección pública de núcleos rurais e cascos históricos.
No suposto de que a persoa interesada poida acceder a outros tipos de vivenda de promoción pública ou de promoción privada poderá facer inscricións complementarias nas seccións do Rexistro que correspondan.
Para acceder a unha vivenda destas características, a persoa interesada deberá reunir os seguintes requisitos:
• Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
• Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
• Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
- Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM
- Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
- Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
- Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.

Teñen máis información consutltar a páxina   web do Instituto Galego de Vivenda e Solo

Ler máis ...

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate