Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Mostrando artículos por etiqueta: ESO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2017 ( publicado no Bop nº28 do 29 de febreiro do 2017)

 Condicións das persoas aspirantes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2016/17 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Forma, lugar e prazos de presentación

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, os centros publicarán a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, na cal se indicarán os motivos da exclusión. Tamén constarán as exencións da proba de lingua galega.

Ver Orde completa

Publicado en Novas

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate