O Concello do Corgo está realizando xestións ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construción de vivendas de promoción pública no término municipal.
Para acadar este obxectivo cómpre que as persoas interesadas se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia, sinalando como preferente O Corgo e indicando o tipo de vivenda e o réxime de adxudicación que desexe.
Na actualidade non hai ningún inscrito no referido rexistro, polo que ao non existir demanda, o IGVS considera que non hai necesidade de construir vivienda protexida no término municipal do Corgo.
A inscrición deberá realizarse na sección segunda do Rexistro de Vivendas, relativo a demandantes de vivendas de protección pública de núcleos rurais e cascos históricos.
No suposto de que a persoa interesada poida acceder a outros tipos de vivenda de promoción pública ou de promoción privada poderá facer inscricións complementarias nas seccións do Rexistro que correspondan.
Para acceder a unha vivenda destas características, a persoa interesada deberá reunir os seguintes requisitos:
• Estar inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
• Que o solicitante, ou calquera membro da unidade familiar ou de convivencia non sexa propietaria doutra vivenda, excepto nos casos de que resulte inadecuada ou insuficiente nos termos establecidos pola normativa reguladoras das vivendas de promoción pública.
• Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
• Ingresos dos/das adxudicatarios/as:
- Acreditar que os ingresos ponderados anuais correspondentes á unidade familiar se atopen entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM
- Ingresos inferiores a 0,7 do IPREM: no suposto de promocións de vivendas para ser adxudicadas en aluguer.
- Se non se superara o 1,5 veces o IPREM, será obrigatoria a adxudicación en réxime de arrendamento.
- Vivendas situadas en núcleos rurais ou barrio histórico: ingresos ponderados anuais entre 1 e 5,5 veces o IPREM.
Teñen máis información consutltar a páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Solo