Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas Mostrando artículos por etiqueta: agricultura

GDR4 .ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE LUGO.

Xornada informativa no CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO  o martes, día 27 de marzo, ás 16:30 horas.

CALENDARIO PRESTACIONS  MARZO 2018.

 CONCELLO DIA HORA LUGAR
 CASTROVERDE 22 DE MARZO 12:30 SALÓN DE ACTOS DO CPI CASTROVERDE.
 GUNTÍN 23 DE MARZO 16:30  CASA DA CULTURA DE GUNTIN.
 O CORGO 27 DE MARZO 16:30 CENTRO SOCIOCULTURAL DO CORGO.
OUTEIRO DE REI-RABADE-LUGO 28 DE MARZO 16:30 CASA DA CULTURA DE OUTEIRO DE REI.

Información e contacto.

GDR 4. asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo.

Avd. Lugo , nº 89, 27720 Friol.

 Tlf. 982308000

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

http://gdr4comarcadelugo.blogspot.com.es/

 

Publicado en Novas

Malia que os sindicatos e os gandeiros denuncian os problemas que se están derivando da merma de choivas, a Consellería de Medio rural, que está facendo un seguimento exhaustivo,  non ten constancia da existencia de  momentos dificiles, pero ainda así, recomenda a contratación de seguros agrarios para poder afrontar os problemas que se deriven da carencia de precipitacións.

"Insistimos en que diante da falta de choivas, dende a Consellería do Medio Rural sempre incidimos na importancia de contratar os seguros agrarios para poder afrontar estas situacións. No 2017 seguimos destinando recursos para fomentar a contratación deste tipo de pólizas" afirma a Xunta, indicando que o importe do Goberno galego para a contratación de seguros ascende a 4,6 millóns de euros.

O diario  A voz de Galicia publica un artigo onde se recolle este consello para os agricultores, así como as opinións de labregos  e gandeiros galegos. Ler o artigo aqui.

Publicado en Novas

A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ten previsto facer efectivo ao longo deste mes de abril o pago de algo máis de 14 millóns de euros correspondentes á Política Agrícola Común (PAC), máis concretamente ao exercicio de 2016. Estes pagamentos beneficiarán, en conxunto, a case 12.000 agricultores e gandeiros galegos.

A maior parte destes fondos refírense aos chamados pago básico e pago verde (en total suman 9,2 millóns de euros). O primeiro deles ten que ver coa asignación de dereitos que teñen os agricultores e gandeiros e co número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico. Cada un dos beneficiarios destes pagos recibirá unha media de 1.400 euros (no caso do pago básico) e de arredor de 690 euros (no que atinxe ao pago verde).

Por provincias, como ven sendo habitual polo seu peso agrogandeiro, a maioría destes fondos son para Lugo (arredor da metade dos 14 millóns de euros). A continuación séguenlle A  Coruña, Ourense e Pontevedra.

O abonamento destas cantidades forma parte da programación do Fondo Galego de Garantía Agraria para o conxunto do periodo 2016-17, que abarca ata o vindeiro mes de xuño.

 

Publicado en Novas

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate