Publicación do listado de aspirantes admitidos para participar no proceso de selección de persoal laboral temporal para as brigadas de incendios :
- Peón conductor de brigadas
- Xefe de brigadas.
- Peón forestal de brigadas.
Romaría folk na praia fluvial do Corgo, Río Chamoso.
SABADO 29 DE XULLO
18.00 H. BATUXADA NO RÍO CHAMOSO. Premios en metálico e agasallos.
FESTA CO GRUPO KIEN LO DIRIA
DOMINGO 30 DE XULLO.
12:00 H. FEIRA DE ARTESANÍA E MOSTRA DE OFICIOS TRADICIONAIS.
EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS CLÁSICOS.
DEMOSTRACIÓN DA MALLA POPULAR AMENIZADA POLA A. C. LEGUA DEREITA DO CORGO .
15.30 H. ACTUACIÓN DE A. C. ABRENTE DAS NOGAIS
16.30 H. ANIMACIÓN INFANTIL A CARGO DE XAXOS SL.
17:00 H. ACTUACIÓN DO GRUPO XAORA
FESTIVAL:
GRUPO FOLCLÓRICO EL XOLGORIU DE GIJÓN.
CASTRAMAO DE MONDARIZ.
ASOCIACIÓN CULTURAL LEGUA DEREITA DO CORGO.
ACAMPADA LIBRE. PULPERÍA. RESTAURANTE.
ORGANIZA: CONCELLO DO CORGO
COLABORA: A.C LEGUA DEREITA DO CORGO
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Co obxecto de dar cobertura a postos vacantes na brigada de prevención e defensa contra incendios para o ano 2017, convócanse as seguintes prazas:
- Peón conductor ( 1 praza)
- Xefe de brigada ( 1 praza)
Por outra banda, co obxecto de dar cobertura a posibles baixas nos postos de peón de incendios, seleccionarase tamén candidatos para formación de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
Os candidatos deberán superar os exercicios específicos establecidos na base quinta das bases aprobadas por resolución da alcaldía de 18/05/2016 e publicadas no Bop de Lugo de 27/05/2016. As bases están publicadas na páxina web do concello www.concellodocorgo.com
O prazo de presentación de instancias será de 4 días hábiles (excluídos os sábados) a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no diario El Progreso.
Lugar de presentación: Rexistro do Concello do Corgo.
Requisitos específicos para cada posto de traballo: os establecidos na base 4ª das referidas bases.
Tódolos candidatos que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionados para cubrir unha praza, quedarán integrados na bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro do 2017.
pdf Bases brigadas de incendios e tratamento preventivo con tractor desbrozadora (466 KB) .