Díctase o seguinte bando do alcalde para o Concello do Corgo con motivo da crise do coronavirus e as medidas adoptadas:
BANDO
Felipe Labrada Reija, Alcalde-Presidente do Concello do Corgo
FAGO SABER
Á vista da situación sanitaria actual e en consoancia coas medias acordadas polo Goberno Central e pola Xunta de Galicia, O Concello do Corgo amplía nas seguintes as medidas adoptadas, e que se manterán ata novo aviso:
1º. Peche de todas as áreas recreativas e espazos públicos municipais.
2º. Servizo de Axuda a Domicilio: suspéndese o SAF na modadalidade de prestación básica. En canto á modalidade de Dependencia, mantense o servizo agás se o usuario manifesta o seu desexo de interrompelo durante o estado de alarma. Descontaranse nos recibos as horas non prestadas.
3º. O concello ponse a disposición daquelas persoas que teñan necesidade de adquisición de medicamentos ou de alimentos e non poidan facelo por si mesmos, así como para o traslado de comida preparada que poidan adquirir en establecementos que presten este servizo. Para solicitar estes servizos deben chamar en horario de 9 a 14 horas á Casa do Concello, 982302100 ou ao teléfono móvil 620731543.
PRÉGASE ENCARECIDAMENTE A COLABORACIÓN DE TODOS OS VECIÑOS PARA EVITAR A PROPAGACIÓN DO VIRUS, EVITANDO TODA SITUACIÓN DE RISCO E CUMPRINDO COAS MEDIDAS IMPOSTAS PARA ESTE PERIODO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.
Díctase o seguinte bando municpal coas medidas urxentes derivadas da crise do coronavirus.
pdf Aviso urxente: Medidas municpais derivadas da crise do coranovirus (380 KB) .
Campaña informativa recollida na páxina do Segas: Ver tríptico
Os coronavirus son virus que circulan entre os animais. Porén, estes virus tamén poden afectar os humanos. O novo coronavirus identificouse na China a finais de 2019 e é unha nova cepa que non se vira antes nos seres humano.
Os síntomas máis comúns da enfermidade provocada polo coronavirus (COVID-19) son:
-FEBRE
-TOS.
-SENSACIÓN DE FATA DE AIRE.
TELÉFONO DE INFORMACIÓN PARA A CIDADANÍA 900 400 116
Medidas para protexernos do coronavirus:
- Lavar as mans frecuentemente.
-Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
-Ao tusir, cubrir a boca cun pano desbotable ou contra o brazo co cóbado flexionado.
-En caso de ter síntomas respiratorios, evitar o contacto próximo con outras persoas.
AO CHEGAR DUNHA ÁREA DE RISCO OU ENTRAR EN CONTACTO CUNHA PERSOA QUE VEÑA DESTA + SINTOMAS
↓
NON ACUDIR directamente ao Hospital nin ao C. de Saúde CONTACTAR TELEFONICAMENTE CO 061