Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

Bono social eléctrico. Actualización Covid-19 Novas

 

Debido ao estado de alarma polo  COVID-19 o Goberno prorrogou a vixencia do Bono Social para aqueles clientes que deberían de renovalo nestas datas. O periodo de renovación exténdese automáticamente ata o día 15 de Setembro.
Polo mesmo motivo serán considerados clientes vulnerables e polo tanto beneficairios do Bono Social aqueles traballadores autónomos  que se viran obrigados a cesar a súa actividades ou que reduciran a súa facturación nun 75%.

O Bono Social é un desconto aplicado a determinados colectivos considerados consumidores vulnerables. Este desconto varía segundo a situación de cada abonado; o desconto aplicado é dun 25%  ata  un 40% sobre a factura total. Este porcentaxe, dependendo de diversas sitaucións  máis, como o risco de exclusión social, pode ser ainda meirande. Por motivos do Covid-19 o Goberno realizará unha prórroga de dita subvención, como medidad dentro do PLAN DE ACTUACIÓN.

  •  Hai que ser titular do suministro electrico contratado na residencia habitual.
  • Ter contratado o PVPC, e decir, Precio Voluntario Para el Pequeño Consumidor.
  • Ser considerado consumidor vulnerable ou vulnerable severo ( familial numerosa, monoparental, pensionista, victima de terrorismo ou víctima de violencia de xénero,  ter un membro da undade familiar con discapacidade igula ou superior ao 33%, etc..)
  • Non superar o consumo máximo d e 345 Kwh  mensuais  e  o de 414 Kwh anuais .

 

Para máis información sobre estas axudas e outras:

Bono Social: https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/

Bono telefónico: https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/

Bono social da augahttps://www.serviciosluz.com/el-bono-social-del-agua-2020/

 Enlace Boe

 

 

Ler máis ...

Medidas de desinfección.  2 de abril do 2020 Novas

 

Incrementando as medidas para tratar de previr o contaxio  do Covid-19, estase a levar a cabo a desinfección dos contenedores de lixo do concello. Neste momento xa se actuaou nos puntos de recollida de  Arxemil, recta de Sabarei, Santa Mariña, Manán, Chousa, Escoureda, Agragán, recta do Corgo, centro médico, concello, colexio.. e proseguiranse as labores nas parroquias que quedan pendentes.

Por outra  banda,as brigadas de incendios da Xunta voltaron as labores de desinfección das inmediacións do Centro de saúde, labores que repiten cada tres días e que complementan ás xa adoptadas polo propio concello nos puntos onde se pode concentrar maior número de veciños, como establecementos comerciais, banco, farmacias, etc.

 

Ler máis ...

Labores de desinfección no Concello do Corgo. Novas

 

O Concello do Corgo adoptou unha nova medida para atallar  a crise sanitaria que está  vivindose no pais. Na mañá de hoxe, primeiro día  de abril, persoal munipal levou a cabo labores de desinfección de distintas áreas   frecuentadas pola poboación, como establecementos comerciais,  farmacias, oficina bancaria, etc. contribuíndo e ampliando  as tarefas que xa  se desenvolveran  a través das brigadas de incendios da Xunta de Galicia.

Así mesmo, incrementouse  a dotación de material de  protección e desinfacción para o persoal municipal que  continúa a traballar na prestación de servizos a comunidade , recibíndose un segundo lote de productos enviados pola Xunta de Galicia (  300 luvas de protección, 300 mascarilas, botellas de producto desinfectante, 6 de xel hidroalcohólico e 23 buzos de protección). O Concello por outra banda adquiriu tamén   gafas e pantallas  de protección, buzos e batas de protección, luvas de nitrilo, mascarillas, protección para o calzado, xel hidroalcohólico e producto desinfectante para o persoal en activo.

 

 
 

Ler máis ...

Páxina 79 de 164

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate