Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA O PROCESO SELECTIVO  PARA CONTRATAR UN ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA /FORESTAL Novas
 
 
 APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO PARA A PARA A CONTRATACIÓN DUN ENXEÑEIRO TÉCNIO AGRÍCOLA/FORESTAL  NIVEL 2 MECES (PLAN ÚNICO 2019, FOMENTO DO EMPREGO  DE 2019)
 
Faise público que a partir do día seguinte a publicación deste edicto no BOP de Lugo, iniciase un prazo de 5 días  hábiles para a presentación de solicitudes, para participar no procedemento convocado por Resolución da  Alcaldía de 10 de marzo de 2020.
As bases reguladoras deste procedemento foron publicadas no  BOP DE LUGO DO 16 DE MARZO  deste ano.
 
Conforme a Resolución da Alcaldía de 28 deste mes, admítese a instancia presentada por D. Rubén López Redondo con DNI 33****79-R
 
 

Ler máis ...

Publicación das bases para a formación dunha bolsa de empergo de auxiliar de axuda no fogar. Novas

No BOP do 26 de maio do 2020 publícanse as bases para  este proceso selectivo (pax. 1- .9)

 As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello, ou na sede electrónica (concellodocorgo.sedelectrónica.gal.) no prazo de cinco (5) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo

ENLACE AO BOP

Ler máis ...

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar . Novas

Segundo publica a orde serán beneficiarios aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

-Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para solicitar  iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Enlace a ORDE DO 12 DE MAIO

Ler máis ...

Páxina 76 de 164

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate