Vostede está aquí: Inicio Concello Actualidade Novas

MATRICULA PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (P.A.I) Novas

       

O CONCELLO DE O CORGO, ABRIRÁ O PRAZO DE MATRÍCULA NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE O CORGO PARA O CURSO 2020/2021.

OS PRAZOS DE ADMISIÓN SEGUINDO O REGLAMENTO ORGÁNICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA SON OS SEGUINTES:

- OS NENOS/AS XA MATRICULADOS NO CURSO ACTUAL E QUE DESEXEN CONTINUAR PARA O CURSO SEGUINTE 2020/2021 TERÁN DEREITO Á RESERVA DE PRAZA, A CAL LEVARASE A CABO ENTRE O DÍA 18 DE MAIO E O 5 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

- AS NOVAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATENDERANSE DO 8 DE XUÑO AO 26 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE).

POSTERIORMENTE, A LISTA DE ADMITIDOS SAIRÁ PUBLICADA O 4 DE XULLO NA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE O CORGO.

PARA PRESENTAR TANTO AS RESERVAS DE PRAZA COMA AS NOVAS SOLICITUDES DIRIXIRSE DE 09:00 A 15:00 HORAS ÁS OFICINAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE O CORGO NOS PRAZOS ANTERIORMENTE CITADOS.

 

Ler máis ...

As explotacións agricolas e por razóns fitosanitarias, poderán solicitar permiso de queimas. Novas

 

A partir deste mércores poderán solicitarse autorizacións excepcionais por razóns fitosanitarias para a queima de restos agrícolas amoreados en explotacións profesionais, tal e como se recolle  no Diario Oficial de Galicia.

En concreto, as solicitudes para levalas a cabo durante o estado de alarma deberán remitirse por correo electrónico aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas Territoriais da Consellería do Medio Rural, incluíndo unha declaración responsable da persoa titular da explotación que xustifique a necesidade da queima por razóns fitosanitarias.

Os enderezos dos catro servizos provinciais para tramitar as solicitudes son os seguintes

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Na solicitude deberase indicar o concello, a parroquia, o lugar e a indicación do número de polígono e número de parcela que aparecen no SIXPAC da finca na que se realizará a queima solicitada, así como as datas nas que se pretende realizala. Na solicitude debe constar ademais o número de inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), así como o número de persoas que comporán o equipo de queima.

A queima de restos agrícolas amoreados poderase levar a cabo unha vez se reciba a correspondente autorización por correo electrónico. Nela figurarán todos os datos aportados polo interesado, así como as condicións e as datas nas que se deberá realizar a queima.

 

Enlace DOG

Ler máis ...

O  Concello do Corgo reparte mascarillas infantís. Novas

 

Co fin de protexer aos menores que  a partires do día 26 poderán sair durante unha hora da casa, o Concello do Corgo adquire mascarillas infantís reutilizables,  que fará chegar aos domicilios onde estén empadronados os nenos e nenas. Atendendo ás idades achéganse dúas tallas distintas, de 3 a 7 anos  e de 8 a 12 anos, con deseños adaptados á poboación infantil. Para os  menores de 3  non   é recomendable  o seu  uso según as autoridades sanitarias . O reparto farase novamente a través de correo postal, evitando desprazamentos e aglomeracións innecesarias.

pdf Ficha Técnica Mascarilla Uso (1.02 MB)

Especificación UNE 0065:2020 Mascarillas higiénicas REUTILIZABLES para niños.Requisitos de materiales, diseño, confección,marcado  e uso.

 

 

Ler máis ...

Páxina 77 de 164

Barrio da Portela, S/N 27163
O Corgo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 302 100
Fax: 982 302 068  
concello.ocorgo@eidolocal.es

Conéctate