O Concello do Corgo adoptou unha nova medida para atallar a crise sanitaria que está vivindose no pais. Na mañá de hoxe, primeiro día de abril, persoal munipal levou a cabo labores de desinfección de distintas áreas frecuentadas pola poboación, como establecementos comerciais, farmacias, oficina bancaria, etc. contribuíndo e ampliando as tarefas que xa se desenvolveran a través das brigadas de incendios da Xunta de Galicia.
Así mesmo, incrementouse a dotación de material de protección e desinfacción para o persoal municipal que continúa a traballar na prestación de servizos a comunidade , recibíndose un segundo lote de productos enviados pola Xunta de Galicia ( 300 luvas de protección, 300 mascarilas, botellas de producto desinfectante, 6 de xel hidroalcohólico e 23 buzos de protección). O Concello por outra banda adquiriu tamén gafas e pantallas de protección, buzos e batas de protección, luvas de nitrilo, mascarillas, protección para o calzado, xel hidroalcohólico e producto desinfectante para o persoal en activo.