Publicación no Boletín Oficial da Provincia do venres, 9 de abril, das bases para a elaboración da bolsa de emprego de Axuliar de Axuda no Fogar.
Axudas destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal dos concellos de Galicia, co obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural. Camiño en Queizán, camiño en Abragán, e camiño en Laguiño.
O Punto de Atención á Infancia do Concello do Corgo abrirá o prazo de reserva e inscrición/matrícula para o vindeiro curso 2021/22.
Os prazos de admisión seguindo o Regulamento orgánico do Punto de Atención á Infancia son os seguintes:
- Os nenos/as xa matriculados no curso actual e que desexen continuar para o curso 2021/22 terán dereito á reserva de praza, a cal levarase a cabo entre o día 5 de abril e o 16 abril (ambos inclusive).
pdf RESERVA PRAZA NO PAI (363 KB) ( Acceder ao impreso pulsando neste enlace)
- As novas solicitudes de admisión (inscrición e matrícula) atenderánse do 19 de abril ao 30 de abril (ambos inclusive).
pdf NOVAS INSCRIPCIÓNS MATRÍCULAS NO PAI 2021/22 (404 KB) ( Acceder ao impreso de solicitude neste enlace).
pdf AUTORIZACIÓN ALIMENTOS (P.A.I) (164 KB)
pdf AUTORIZACIÓN USO DE IMAXE PAI O CORGO (285 KB)
Posteriormente, a listaxe de admitidos sairá publicada o 14 de maio na páxina web do concello.
Para presentar tanto as reservas de praza como as novas solicitudes deberán dirixirse de 9:00 h a 15:00 horas ás oficinas do Concello do Corgo nos prazos anteriormente citados.
A dirección do pai.