A Residecia Mannán é un centro para a atención socio-sanitaria na terceira idade, ubicado no medio rural, baseasdo na máis alta calidade asistencial orientada á promoción da súde, o envellecemento activo e á prevención da dependencia.
Dispón dunha ampla selección de servizos para garantir a máis alta calidade na atención aos usuarios.
Conta con 39 plazas para residentes, en habitacións individuais ou dobles.
Máis información na web https://residenciamannan.es/
pdf RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE MANNÁN. (3.52 MB)
Lista definitvia de admitidos ao procedemento de selección para a formación dunha bolsa de empredo de Auxiliar de Axuda no Fogar. Composición do tribunal e data das probas.
pdf Lista definitiva Auxiliar de axuda no fogar . Datas das probas (604 KB)
A Asociación Galega de Antropoloxía AGANTRO celebrou en formato telemático o pasado venres 23 de Abril o IV Congreso Galego de Antropoloxía, baixo o lema “Da Xeración Nós á Nova Antropoloxía Galega”. Participaron nesta sesión telemática máis de corenta especialistas, dos que unha ducia presentaron diversas experiencias e proxectos de investigación. E o Concello do Corgo estivo representado neste congreso coa comunicación do antropólogo Lois Ladra titulada “O Proxecto CORGORAL: documentar o Patrimonio Cultural Inmaterial en tempos de pandemia”. O que se pretendeu neste primeiro encontro internacional no que foi presentado nun foro científico o Proxecto CORGORAL foi amosar a grande riqueza patrimonial do municipio corgués e a súa enorme potencialidade como base territorial para o desenvolvemento dun proxecto cultural pioneiro no ámbito municipal galego. Aproveitamos para lembrar a todos os interesados que queiran colaborar con esta iniciativa que poden poñerse en contacto co Proxecto CORGORAL no teléfono 676-862-924, de luns a venres, de 09:00 a 17:30 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
pdf PROXECTO CORGORAL NO PROGRAMA IV CONGRESO GALEGO DE ANTROPOLOXÍA (82 KB)