A xunta suspende os permisos de queimas polas condicións metereolóxicas, evaluando os indicadores que marcan o risco de incendios e as dificultades que se produzcan para controlalo en caso de producirse. Tamén quedasn suspendidos os permisos que foran concedidos con anterioridade para estas labores, de xeito que dende as 00:00 horas do sábado as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de permiso ata novo aviso.
Dende a Consellería de Medio Rural destacan que a partir do sábado e ata nova comunicación non se permitirá o uso de lume para ningunha actividade agrícola ou forestal particular.
Recórdase tamén que o cidadán ten a súa disposición o teléfono gratuito 085 ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal.
A área municipal de cultura presenta as bases da proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral do Concello do Corgo. O texto, elaborado polo antropólogo Lois Ladra, foi incluído no último número da revista Lvcensia, presentado onte na Aula Magna do Seminario Diocesano de Lugo. O acto público foi realizado con aforo limitado e seguindo estrictos protocolos sanitarios. O documento, que servirá de referente para a salvagarda do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, leva por título: “O Proxecto CORGORAL. Unha proposta para a recolla da Literatura Popular de Tradición Oral no concello do Corgo” e xa se pode descargar na páxina web do concello. Aproveitamos para lembrar a todas aquelas persoas interesadas en recibir esta publicación e que queiran colaborar coa iniciativa cultural poden poñerse en contacto connosco no teléfono 676-862-924, ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Por outra banda, ao longo dos vindeiros días será dado a coñecer púbicamente o resultado do Concurso de debuxo escolar para a escolla do logotipo do Proxecto CORGORAL, realizado entre os escolares do ensino primario do CEIP Plurilingüe do Corgo.
Publicación no Bop de Lugo número 115 das bases que rexerán o procedemento de seleccion de persoal laboral temporal e creación de bolsa de emprego ao abeiro do convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, para a realización de tratamenntos preventivos en vías e camiños de titularidade municipal con tractor, e actuación de Brigadas de prevención e defensa contra incendios.